O Teucro perde en primeira instancia a demanda contra Asobal pero anuncia recurso

Pontevedra
02 de marzo 2017

"Hay aurgumentos para recorrirlo porque no han entrado a valorar nuestros testigos", asegura o presidente tucrista, Carlos García-Alén. A demanda xudicial presentouse no seu momento contra a sanción imposta ao club pontevedrés por non colocar a pista azul no Municipal nun partido de liga televisado da pasada tempada

Pista azul instalada no Municipal no partido entre Teucro e Barcelona
Pista azul instalada no Municipal no partido entre Teucro e Barcelona / Diego Torrado

Novo capítulo na batalla entre Sociedad Deportiva Teucro e Asobal por mor da sanción que a asociación de clubs impúxolle a pasada campaña á entidade pontevedresa por non colocar a pista azul no Municipal nun encontro televisado.

Inicialmente a multa imposta por este aspecto ascendía a 6.750 euros, pero Asobal reduciuna pouco despois á metade. Con todo o Teucro, que nunca estivo conforme ao entender que Asobal non ten capacidade sancionadora e que fixeran todo o que estaba na súa man para colocar a pista, recorreu á xustiza ordinaria.

Agora o xulgado de primeira instancia desestimou a denuncia presentada polos azuis. "Se ha dado más veracidad a su testimonio", recoñece o presidente teucrista, Carlos García-Alén.

O dirixente, que aínda non puido estudar en profundidade a sentenza, anuncia que seguirán defendendo os dereitos do club porque "hay argumentos para recurrirlo, ya que no han entrado a valorar a nuestros testigos", explica García-Alén.

O Teucro ten de prazo 20 días desde a resolución para presentar recurso, polo que a directiva xa traballa na súa redacción convencida de que unha instancia superior pode darlles a razón neste asunto.

ENTREGA DOS ALIMENTOS RECADADOS NO MUNICIPAL

Por outra banda o Teucro aproveitou a xornada deste xoves para entregar no Comedor Social de San Francisco os alimentos recadados coa campaña posta en marcha coindiciendo co partido ante o Amenabar Zarautz no Municipal.

O club pontevedrés entregou os 120 quilos conseguidos entre os seus afeccionados, con achegas tan especiais como a que realizou o ex-xogador teucrista Erik Balenziaga, actualmente nas filas do Anaitasuna navarro.