O Teucro recupera efectivos

Pontevedra
08 de novembro 2016

O descanso que supuxo unha fin de semana sen competición veu ben ao Teucro para recuperar a un plnatel castigado polas lesións. Edu Moledo encara a recta final na recuperación e márcase como obxectivo volver ao equipo este fin de semana en Asturias. Saúl Campo, pola súa banda, continúa de baixa pero descartouse que sufra unha lesión grave no seu ombreiro

Edu Moledo durante un adestramento do Teucro no Municipal
Edu Moledo durante un adestramento do Teucro no Municipal / Mónica Patxot

O parón dunha semana na División de Honra Prata de balonmán veulle ben á Sociedad Deportiva Teucro para recuperar a un plantel castigado polas lesións.

Os azuis céntranse xa no regreso á competición, que se producirá este sábado (20:00 horas) na pista do Gijón Jovellanos nun partido no que Quique Domínguez espera poder contar, tras mes e medio, con Edu Moledo.

O extremo atópase na fase final de recuperación da lesión que sufriu nun dedo en Carabanchel, polo que esta semana "ha empezado a meterse en el grupo y la mano está respondiendo", recoñece o técnico pontevedrés.

Tamén son boas as noticias no caso de Saúl Campo. Aínda que a súa presenza está descartada en Asturias, o lateral foi examinado este luns polo médico descartándose que sufra unha lesión grave no ombreiro. Por ese motivo deu "un paso más" na súa recuperación subindo o nivel nos adestramentos. En todo caso "no tenemos un plazo marcado para su vuelta", lembra Domínguez.

O descanso, unido a unhas sesións de adestramento máis suaves do habitual serviu ademais para que xogadores como Pichel, Borja Méndez ou Juan Quintas deixasen atrás os problemas musculares que arrastraban nas últimas xornadas.

Noticias positivas para os azuis, que esperan manter o bo momento de forma que lles levou a sumar cinco vitorias consecutivas que lles consolidaron na cuarta posición da táboa.