Pechar o seu periplo no exilio de Príncipe Felipe cun novo triunfo é o obxectivo da Sociedad Deportiva Teucro ante o recentemente ascendido Tolosa (sábado, 20:30 horas).
Os azuis volverán ao Municipal no seu próximo compromiso ligueiro (está previsto que o xoves 13 de outubro poidan adestrar de novo alí), pero antes queren conseguir dous novos puntos na casa que lles dean marxe e tranquilidade para "seguir mejorando".
Para iso deben superar ao Tolosa, actual pechacancelas da División de Honra Prata pero do que non se fían ao tratarse dun rival "fisicamente muy fuerte", recoñece Quique Domínguez.
O técnico pontevedrés cre que "vamos a tener que usar nuestras mejores armas: velocidad, fluidez y continuidad en el juego" para superar a un equipo vasco que "está con la energía de los rescién llegados".
Edu Moledo volverá ser baixa pola lesión que sofre no dedo dunha man, polo que o Teucro repetirá convocatoria coa inclusión de dous xogadores do filial: Sergio Altirriba e Aarón.
O encontro será arbitrado polos cataláns Millán Cazorla e Quintanar Manzano.