O Teucro viaxa a Alacante para cortar a súa serie de tres derrotas consecutivas

Pontevedra
12 de febreiro 2021

Os azuis enfróntanse este domingo ás 12 horas ao cuarto clasificado co obxectivo de sumar dous puntos que os achegue á permanencia

Partido entre o Teucro e o Barça B no Pavillón Municipal
Partido entre o Teucro e o Barça B no Pavillón Municipal / Cristina Saiz

A primeira fase da División de Honra Prata entra na súa recta final e o Teucro necesita vitorias para asegurar a permanencia. Os de Irene Vilaboa empezaron o 2021 con mal pé e encadean un refacho de tres derrotas consecutivas que tratarán de cortar este domingo, a partir das 12 horas, na súa visita a Alacante.

Cun partido pendente de disputar, unha vitoria azul achegaría ao cadro pontevedrés á súa meta de acabar a primeira fase na metade alta da clasificación. O rival é o Alacante, cuarto clasificado con catro puntos máis que os galegos, polo que lograr o triunfo é vital para ter opcións de darlle caza.

Ademais do factor físico, que penalizou aos lerezanos nos últimos encontros, o factor anímico xogará un papel moi importante no encontro.

Os de Vilaboa foron incapaces de plantar cara aos seus rivais nos dous únicos partidos disputados este ano contra Novás a domicilio e Barça B en casa, polo que manter a tensión durante os sesenta minutos de xogo e chegar con opcións de triunfo aos minutos finais do duelo será clave.