Sen marxe para o erro, ou se o hai "es muy pequeño", recoñece Luís Montes. Así afronta a Sociedad Deportiva Teucro unha nova xornada na División de Honra Prata.
Os azuis, en descenso despois de encadear catro derrotas consecutivas, viaxan á pista dun rival directo como o Zamora (domingo, 12:00 horas), que está con só un punto máis na táboa (16), mentres que dentro dunha semana verase as caras coa UE Sarrià (17 puntos). Trátase de dúas xornadas clave para o seu futuro como equipo e pode que tamén para o do técnico.
"Te está jugando puntos y averages que pueden ser definitivos", avisa o adestrador teucrista, para quen é "imperioso que ganemos dos partidos seguidos".
Vicente Poveda segue sendo baixa, polo que completarán a convocatoria os canteiráns Cristian Remeseiro e Roi Sierra.
O CISNE VIAXA A MÁLAGA
En situación completamente oposta mantense o Club Cisne, que medirá a súa fortaleza este sábado (20:00 horas) na pista do Trops Málaga (duodécimo clasificado).
Os de Jabato, líderes indiscutibles a pesar de contar cun partido menos que os seus rivais, encandean 8 xornadas sen perder (7 triunfos e un empate). De feito só caeron unha vez esta campaña e empezan a ver cada vez máis preto o soño do ascenso. Con todo non poderán relaxarse ante un rival que gañou dous do seus últimos tres partidos.