Nova vitoria do Tenis de Mesa Monte Porreiro, esta vez ante o San Sebastián de los Reyes por 4-2. O conxunto de Pontevedra viña de gañar os dous últimos partidos e afrontaba o duelo con ganas de deixar os puntos no Pavillón do Príncipe Felipe.
Os encargados de xogar o primeiro partido foron Rafael Casares e Horacio Cifuentes, que derrotou nos tres xogos ao rival do Sanse. Co 1-0 chegaba a quenda de Nico Galvano e Alaksei Zhukov. O xogador local púxollo complicado ao seu rival pero finalmente o punto levoullo o ruso.
Co 1-1, saían á pista Vladislav Usru e Betancor para disputar un igualado partido que se decidiu a favor do xogador visitante no último xogo.
Co marcador en contra, o Monte Porreiro volveu igualar grazas á contundente vitoria por 3-0 de Nico Galvano fronte a Rafael Casares.
De novo o partido estaba en táboas (2-2) e Horacio Cifuentes volvía á pista para vencer a Vladislav Usru e poñer o partido a favor dos de Pontevedra, que sentenciaron co triunfo de Betancor sobre Alaksei Zhukov.
Consulta a acta do partido entre Visit Pontevedra-San Sebastián de los Reyes na seguinte ligazón.