Vitoria contundente do TM Monte Porreiro fronte ao Alacante (1-4)

Pontevedra
15 de decembro 2019

Despois do parón da fin de semana pasada, o Tenis de Mesa Monte Porreiro regresou á competición para visitar ao Alacante na novena xornada de Superdivisión masculina

Enfrontamento entre TM Monte Porreiro e Arteal en Príncipe Felipe
Enfrontamento entre TM Monte Porreiro e Arteal en Príncipe Felipe / Diego Torrado

Despois do parón da fin de semana pasada, o Tenis de Mesa Monte Porreiro regresou á competición para visitar ao Alacante na novena xornada de Superdivisión masculina.

Horacio Cifuentes e Arberto Lillo foron os encargados de abrir o choque, que se inclinou a favor do xogador visitante cun claro 3-0. O Alacante reaccionaba empatando ao superar Artem Zimarin ao de Pontevedra, Ignacio Fernández. A partir de aí, o Monte Porreiro sentenciou cos triunfos dos seus xogadores.

En primeiro lugar, Guillermo Martínez derrotaba a Vitali Murzin para deixar paso ao seu compañeiro Horacio Cifuentes que saía á pista para vencer a Artem Simarin, ambos cun contundente 3-0. O 1-3 lucía no marcador global e volvía a quenda de Ignacio Fernández que esta vez non defraudou e sentenciou fronte Alberto Lillo.

Con este resultado, o Visit Pontevedra segue no quinto posto da competición empatado a 12 puntos co Arteal TM.

Na próxima xornada, o conxunto pontevedrés recibirá no Pavillón do Príncipe Felipe ao Universidade de Burgos, oitavo clasificado con sete puntos.

Consulta a acta do partido Asssa Alacante-Visit Pontevedra na seguinte ligazón.

Pola súa banda, o equipo feminino de Monte Porreiro venceu con contundencia na súa visita ao Autoescola Cinania de Cangas.

As xogadoras do Visit derrotaron por 0-6 ás canguesas, situadas no noveno posto con seis puntos.

Con este resultado, o Monte Porreiro logra a súa sexta vitoria esta tempada e sitúase en quinta posición con 12 puntos.

Consulta a acta da partido Autoescola Cinania- Visit Pontevedra na seguinte ligazón.