O TM Monte Porreiro vence con contundencia ao Leganés (4-0)

Pontevedra
19 de xaneiro 2020

Primeira vitoria do ano para o Tenis de Mesa Monte Porreiro, esta vez ante o Leganés, pechacancelas de Superdivisión Masculina. O conxunto pontevedrés, que viña de perder contra o Borges Vall, dominou o encontro e impúxose cun contundente 4-0

Xornada 12 do Tenis de Mesa Monte Porreiro na Superdivisión masculina fronte ao Leganés
Xornada 12 do Tenis de Mesa Monte Porreiro na Superdivisión masculina fronte ao Leganés / Diego Torrado

Primeira vitoria do ano para o Tenis de Mesa Monte Porreiro, esta vez ante o Leganés, pechacancelas de Superdivisión Masculina. O conxunto pontevedrés, que viña de perder contra o Borges Vall, dominou o encontro e impúxose por 4-0.

Comezou o duelo no Príncipe Felipe con vitoria de Horacio Cifuentes sobre Emilio García-Romeu cun contundente 3-0. Acto seguido chegou a quenda de Martin Betancor e Libre Sancho. O primeiro xogo levoullo o xogador do Leganés, pero Betancor conseguiu voltear o resultado para levar o set por 3-1 e sumar o segundo punto para os de Pontevedra.

No terceiro cruzamento, Tomás Joffre enfrontouse a Borja Sánchez e, aínda que cedeu o terceiro xogo, acabou levándose o partido por 3-1 pechando o último set cun bo punto de saque.

Co 3-0 no marcador global, chegou o duelo final. Betancor regresou á pista para facerse cunha nova vitoria, esta vez fronte a Emilio García-Romeu ao que venceu con claridade por 1-11, 7-11 e 2-11 e sentenciar o encontro.

Consulta a acta do partido Visit Pontevedra-Leganés na seguinte ligazón.

DERROTA DO FEMININO

O conxunto feminino do Tenis de Mesa Monte Porreiro non puido facer nada fronte ao Cidade de Narón.

O único set para as de Pontevedra conseguiuno Mar Rivas no seu duelo ante Claudia Canay, poñendo o 3-1 no marcador global. A pesar diso, as pontevedresas terminaron caendo por 5-1 no partido correspondente á xornada 13 de División de Honra Feminina. 

Consulta a acta do partido Cidade de Narón-Visit Pontevedra na seguinte ligazón.