O TM Monte Porreiro salva un empate na súa visita ao L'Escala (3-3)

Pontevedra
26 de xaneiro 2020

O Tenis de Mesa Monte Porreiro desprazouse esta fin de semana a Xirona para enfrontarse ao L'Escala. Os de Pontevedra acabaron salvando o partido no último duelo e deixar o marcador en empate a tres

Xornada 12 do Tenis de Mesa Monte Porreiro na Superdivisión masculina fronte ao Leganés
Xornada 12 do Tenis de Mesa Monte Porreiro na Superdivisión masculina fronte ao Leganés / Diego Torrado

O Tenis de Mesa Monte Porreiro desprazouse esta fin de semana a Xirona para enfrontarse ao L'Escala. Os de Pontevedra acabaron salvando o partido no último duelo e deixar o marcador en empate a tres.

Os primeiros en saltar á pista foron Tomas Joffre e Chih-Wei Yeh. O enfrontamento acabou con vitoria local por un contundente 3-0. No segundo cruzamento, Guillermo Martínez venceu con dificultades a Norbert Tauler e puxo o 1-1 no marcador global.

No seguinte duelo, o conxunto pontevedrés conseguiu voltear o partido coa vitoria de Bentancor sobre Iker González, pero os cataláns volvían empatar. Guillermo Martínez volvía xogar, esta vez fronte a Chih- Wei Yeh. Aínda que o xogador do Visit púxollo complicado, o seu rival acabou vencendo por 3-2.

De novo chegaba a quenda de Tomas Joffre que caeu no seu enfrontamento contra Iker González por 3-0, pero no duelo final, Bentancor logrou impoñerse con dificultade a Norbert Tauler e así poñer o 3-3 no marcador final.

Consulta a acta do partido L'Escala-Visit Pontevedra na seguinte ligazón.

DERROTA DO FEMININO

O conxunto feminino do Tenis de Mesa Monte Porreiro volveu caer con contundencia. Esta vez en casa fronte ao Balaguer, líder da clasificación con 15 vitorias en 15 partidos.

Aínda que o Visit Pontevedra conseguiu igualar o encontro despois do duelo entre Noa Bernárdez e Anna Biscarri, finalmente caeron por 1-5 despois de ceder o seguintes catro partidos sen gañar ningún xogo.

Consulta a acta do partido Balaguer-Visit Pontevedra na seguinte ligazón.