O equipo masculino do Tenis de Mesa Monte Porreiro retomou este domingo coa competición cun partido no pavillón de Príncipe Felipe fronte ao Hispalis que se saldou con empate a tres puntos.
As vitorias nos dúas primeiros cruces de Horacio Cifuentes e Martín Sebastián, que resolveron os seus duelos pola vía rápida, puxeron en vantaxe ao equipo pontevedrés. Con todo, a sorte abandonounos nas dúas seguintes contendas, nas que o debutante xaponés Shohei Onodera e Martín Sebastián caeron fronte a Santiago Lorenzo e Aoto Asazu respectivamente.
Co choque igualado, un novo triunfo de Horacio devolveu a vantaxe aos de Monte Porreiro, que cederon o empate no último enfrontamento do partido ao volver caer o xaponés fronte a Francisco Ruiz en cinco xogos.
O equipo feminino da División de Honra perdeu o seu enfrontamento contra o Illas Cíes por 4-2. No último cruzamento, as pontevedresas tiveron a oportunidade de empatar, pero Viktoriia Lebedeva non deu opcións a Noa Bernárdez.