O Tenis de Mesa Monte Porreiro, orgulloso da súa canteira

Pontevedra
26 de febreiro 2020

O club pontevedrés, que foi obxecto dunha recepción oficial por parte do alcalde, vén de participar no Campionato Estatal en Valladolid, onde a súa xogadora alevín Mariña García proclamouse subcampioa

O alcalde recibe a Mariña García, xogadora do  TM Monte Porreiro
O alcalde recibe a Mariña García, xogadora do TM Monte Porreiro / Cristina Saiz

O futuro do Tenis de Mesa Monte Porreiro está asegurado.

Así o demostrou o club pontevedrés no recente Torneo Estatal celebrado en Valladolid, onde foi un das entidades con maior número de participantes (15 xogadores). Trátase dunha cifra de mérito xa que se clasificaban só 48 xogadores por categoría, desde benxamín ata veteranos.

Unha desas xogadoras, Mariña García, deu aos seus 12 anos unha positiva sorpresa ao plantarse na gran final e facerse cunha meritoria medalla de prata, tras perder no duelo definitivo ante Camila Moscoso (Olesa). Todo iso a pesar de clasificarse mediante a fase de repesca.

"Es muy trabajadora y luchadora y es un resultado que nos llena de orgullo", recoñece Nando Álvarez desde o Tenis de Mesa Monte Porreiro.

Este resultado serviu de escusa para ser recibidos oficialmente polo alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, quen sinalou que na entidade de Monte Porreiro "hai un nivel altísimo e queremos destacar iso".