A xogadora de categoría infantil do Tenis de Mesa Monte Porreiro, Mariña García Trelles, foi seleccionada pola Real Federación Española de Tenis de Mesa para participar no proxecto Mini Spin 2020.
Co obxectivo de dar soporte ás categorías de base, a federación ideou este proxecto que busca encher o baleiro deixado pola cancelación das probas internacionais.
Así organizaron catro concentracións zonais (Irún, Canarias, Córdoba e Alacante) para evalua a situación destes prometedores deportistas. Delas sairá unha convocatoria de nove nenos e nove nenas para disputar o mini-master de España.
Mariña acudirá entre o 9 e o 15 de novembro á concentración de Irún, que levará a cabo baixo un formato de burbulla e con todas as medidas de segurisas.
"Sentimos moi orgullosos desta convocatoria e damos o parabén a Mariña", declaran desde o equipo pontevedrés.