O Torneo de Reis do Leis pecha a súa cuarta edición

Pontevedra
05 de xaneiro 2017

Tras a segunda e última xornada de competición nos pavillóns Municipal, Multiusos e Xunqueira II quedou definido o cadro de honra do torneo nas súas diferentes categorías

IV Torneo de Reis de fútbol sala
IV Torneo de Reis de fútbol sala / PontevedraViva

Despois de dous días de intensa competición sen descanso, o IV Torneo de Reis de fútbol sala organizado polo Leis Pontevedra chegou ao seu fin.

Preto de 600 xogadores, desde a ctegoría prebenxamín ata a xuvenil participaron no torneo.

Tras 144 partidos nos pavillóns Municipal, Multiusos e A Xunqueira II, o cadro de honra do Torneo de Reis quedou da seguinte maneira:

  • Categoría prebenxamín: 1º- Leis Pontevedra A, 2º- Hércules FS, 3º- Casa Paco.
  • Categoría benxamín: 1º- Vigo 2015, 2º- Santiago Futsal, 3º- Carballiño FS.
  • Categoría alevín: 1º- Hércules FS, 2º- Santiago Futsal, 3º- Carballiño FS.
  • Categoría infantil: 1º- Vigo 2015, 2º- Santiago Futsal, 3º- Hércules FS.
  • Categoría cadete: 1º- Santiago Futsal, 2º- Leis Pontevedra A, 3º- Burela FS.
  • Categoría xuvenil: 1º- Leis Pontevedra A, 2º- Burela FS, 3º- Leis Pontevedra B.