As pistas de Fontecarmoa acollen desde este sábado as primeiras finais da vixésimo primeira edición do Torneo de Tenis de Verán que organiza a Fundación de Deportes do Concello de Vilagarcía. A competición rematará o 24 de agosto.
A primeira das finais disputadas foi entre Alejandro Arca Alfonsín e Olivia Climent Piñeiro, correspondente á categoría A (nados de 20014 a 2010), mentres que o luns en horario matinal será o turno da final da categoría B (nados de 2009 a 2005) na que se baterán Álvaro Abalo Martínez e Iago Solla Alfonsín.
Ese mesmo día, a partir das 21:30 horas, celebrarase a final de veteranos (para tenistas nados en 1972 e anos anteriores) na que se enfrontarán Juan Manuel Camiña Fernández e José Luis Padín Nuñez.
No que respecta ás categorías absoluta masculina, absoluta feminina e á de dobres, a competición atópase xa na fase de semifinais.