As comparecencias públicas de Carlos Pouso non deixan indiferente a ninguén. O adestrador do Pontevedra repasou este xoves a actualidade do equipo granate, que o sábado (19:00 horas) enfrontarase en Pasarón ao Rayo Majadahonda, sen esquivar outros asuntos polémicos. Así, tras unha pregunta sobre as queixas do técnico de Las Palmas Atlético sobre a arbitraxe da última xornada, Pouso quixo mostrar o seu apoio aos colexiados dando de paso a súa opinión sobre a chegada da tecnoloxía ao fútbol.
"A mí me gusta lo de antes, aunque a veces te den y otras te quiten por error", recoñeceu porque co vídeoarbitraxe "no parece ni fútbol eso, aunque es posible que sea más justo ahora, seguro".
A única excepción que pon o preparador granate é a tecnoloxía da liña de gol, para saber se o balón entrou na portería, xa que "todo lo demás si el árbitro se equivoca en contra te jodes, y si se equivoca a favor pues aleluya ese día y asumirlo", explicou.
Pouso defendeu que os árbitros "ya tienen una labor complicada y ahora se complica más", e criticou as perdas de tempo que todo iso supón porque "vamos a empezar a parecerse al baloncesto o balonmano, con los tiempos muertos".
En todo caso é unha situación que esta tempada en Segunda B non se vai a dar para o Pontevedra, polo que a pesar de todo o preparador expresou o seu desexo de que "ojalá podamos llegar al VAR", xa que iso supoñería chegar á liga de Fútbol Profesional.
POL BUESO E SANTI FIGUEROA, UNHA SEMANA MÁIS FOSE
O adestrador do primeiro plantel do Pontevedra repasou tamén a actualidade do equipo, sinalando que a volta á convocatoria de Pol Bueso e Santi Figueroa, a pesar de recibir a alta médica, "va a ser un poco prematura salvo caso de necesidad" ao saír de lesións musculares e non querer arriscar unha recaída. De feito a súa volta ao equipo apunta á Copa do Rei, recoñeceu Pouso.
Precisamente ante o partido de Copa contra o Eivissa do mércores 18, que obrigará a xogar tres encontros en apenas unha semana, o preparador vasco non quere ver aínda máis aló do duelo ante o Rayo Majadahonda en liga. "Me ciño sólo al primer partido. A partir del primero sí variarán cosas", revelou en canto aos cambios que se probablemente prodúzanse no duelo intersemanal.