O Verín asalta A Senra no desconto vencendo o Ribadumia (2-3) nun partido de infarto

O Salnés
30 de agosto 2015

Partido vibrante e cheo de alternativas o que disputaron na Senra o Ribadumia e o Verín. O conxunto ourensano, recén ascendido, deu a sorpresa e conseguiu os tres puntos ao impoñerse no tempo engadido, grazas a un gol de Iago Beceiro ao transformar un penalti

Partido entre Ribadumia e Cerceda na Senra
Partido entre Ribadumia e Cerceda na Senra / PontevedraViva

Partido vibrante e cheo de alternativas o que disputaron na Senra o Ribadumia e o Verín. O conxunto ourensano, recén ascendido, deu a sorpresa e conseguiu os tres puntos ao impoñerse no tempo engadido, grazas a un gol de Iago Beceiro ao transformar un penalti.

Os visitantes, que conseguiron neutralizar o fútbol do equipo que adestra David Sierra, adiantáronse no marcador antes da media hora cun gol de Iago Beceiro, pero o Ribadumia reaccionaría pasada a hora de xogo, conseguindo remontar en pouco máis de dous minutos.

Changui, de penalti e Agus, poñían por diante o Ribadumia (minuto 63). O partido parecía inclinado do lado local, despois de moito sufrimento, pero no minuto 77 David Soares lograba o empate, e no desconto un novo penalti, esta vez a favor do Verín, permitía a Iago Beceiro dar outra volta ao marcador e levarse os puntos de forma inesperada.