O VII Torneo Internacional de Tenis júnior do Mercantil bate o récord de inscricións

Pontevedra
03 de outubro 2018

A competición desenvolverase a partir deste domingo nas sete pistas exteriores do Parque Polideportivo da entidade en Mourente e a entrada ao público será de balde

Noli Álvarez, José Mosquera, Ernesto Filgueira, Anxos Riveiro e Miguel Lapido na presentación do torneo
Noli Álvarez, José Mosquera, Ernesto Filgueira, Anxos Riveiro e Miguel Lapido na presentación do torneo / PontevedraViva

A sétima edición do Torneo Internacional de Tenis ITF de categoría júnior, que comezará este domingo 7 de outubro, reunirá no Parque Polideportivo do Casino Mercantil e Industrial a deportistas procedentes de 57 países diferentes.

Segundo afirmou a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, na presentación da cita "esta competición xa forma parte do calendario anual deportivo pontevedrés e ademais de traer a moitos xóvenes á cidade, supón unha gran motivación para os tenistas locais e galegos". Así mesmo, a edil destacou a gran relevancia desta cita "para Pontevedra, xa que os deportistas pasarán máis dunha semana na cidade xunto aos seus familiares e adestradores".

O presidente da entidade que acolle o evento, Ernesto Filgueira, quixo "agradecer a colaboración do Concello nesta proba, que este ano será todo un éxito grazas a todas as personas que traballan para que así sexa. Este torneo leva moito traballo detrás", explicou.

Pola súa banda, o director técnico do torneo, Noli Álvarez, sinalou que "esta competición sigue creciendo en cuanto a la calidad y la cantidad de inscritos, ya que este año fueron 515 las solicitudes que recibimos frente a las 509 del pasado año". Con todo, a causa do cadro pechado das probas, "por desgracia, sólo pueden competir los 128 mejores tenistas en cuanto al ránking", puntualizou Álvarez. O mesmo afirmou que "la organización de la competición se esfuerza por dar importancia a la representación gallega en las fases principales".

Os 148 partidos da competición desenvolveranse a partir deste domingo e alongaranse unha semana. Os mesmos dividiranse en dúas fases, unha previa, que se celebrará durante o domingo e o vindeiro luns; e unha fase final, que se estenderá ata o remate do torneo a partir do próximo martes.

Ademais, o director deportivo do Mercantil, Miguel Lapido, asegurou que "los competidores dispondrán de siete pistas de resina al aire libre", unha das cales se destinará a adestramentos. "Parece que no tendremos que echar mano de las pistas cubiertas por las buenas previsiones metereológicas", engadiu o mesmo. No referente aos tenistas participantes, Lapido sinalou que "muy pocos gallegos han tenido clasificación para poder entrar en el torneo".

Con todo, "a todo aquel gallego con nivel que ha solicitado la participación le hemos ofrecido la entrada", explicou o mesmo. Deportistas como Eva Álvarez, Sara Pérez, David Cao ou Alejandro Roco terán o seu oco na cita.

Finalmente, os asistentes á presentación do torneo deportivo, á que tamén asistiu o presidente da Federación Galega de Tenis, José Mosquera, coincidiron á hora de manifestar o seu desexo de que "algún día se alcance el sueño de alcanzar la máxima categoría mundial en las pistas pontevedresas".

Durante os sete días da competición, as pistas do Parque Polideportivo de Mourente acollerán partidos individuais e dobres desde as 9:00 horas ata a finalización dos mesmos e a entrada será de balde para todo aquel que desexe asistir ao torneo.