O Villabés, un equipo "moi recoñecible" que "prioriza o traballo colectivo"

Pontevedra
05 de xaneiro 2024

Primeiro partido despois das vacacións de Nadal para o líder Pontevedra Club de Fútbol, que viaxará a Vilalba este domingo para enfrontarse ao Racing Club Villalbés (16:00 horas), un equipo que "prioriza o traballo colectivo e saca rendemento das ocasións que ten"  

Yago Iglesias, no partido de liga entre Pontevedra e Deportivo Fabril en Pasarón
Yago Iglesias, no partido de liga entre Pontevedra e Deportivo Fabril en Pasarón / Cristina Saiz

Primeiro partido despois das vacacións de Nadal para o líder Pontevedra Club de Fútbol, que viaxará a Vilalba este domingo para enfrontarse ao Racing Club Villalbés (16:00 horas), un equipo que "prioriza o traballo colectivo e saca rendemento das ocasións que ten".

Con todo, para o técnico granate, Yago Iglesias, "cada partido é totalmente diferente" e máis despois do parón, que "fai que os equipos poidan traballar máis, retocar certos aspectos" e mesmo reforzarse.

Neste sentido, os obxectivos que ten o club pontevedrés é fichar a alguén sub-23 que faga de "nexo de unión co filial para poder adestrar e que nos axude a traballar". Iso si, "antes que asinar por asinar é mellor estar quieto", advirte.

Pola súa banda, o Villalbés tampouco anunciou ningunha incorporación neste mercado de inverno, pero Iglesias avisa de que se trata de "un equipo moi recoñecible que leva moitos anos xuntos" polo que espera "un partido complicado" ao que van "coas ideas claras do que queremos facer".

O adestrador recoñece que "sabemos do potencial do rival", forte especialmente en "bloque medio e baixo" e coa faceta defensiva como a súa principal baza. Tamén "prioriza o traballo colectivo, con moitas axudas e moito xogador próximo á pelota e con xente rápida de tres cuartos para diante". Para Yago Iglesias, a palabra que define o Villalbés é "traballo".

AFECCIÓN

Para o desprazamento a Villalba o Pontevedra Club de Fútbol contará co apoio da 'Marea Granate'. "Hai unha serie de afeccionados que están aí, estamos a percibilo nos partidos da casa" e tamén en viaxes como os de Coruxo ou Ourense, que "eran practicamente partidos como local".

Ata alí "desprazouse moita xente en número e facía ruído", o que demostra que "á xente gústalle o que o equipo fai no campo, que gañemos e tamén como gañamos".