O Villalonga queda en terra de ninguén tras perder ante o Bergantiños (0-1)

Sanxenxo
15 de abril 2017

Os celestes víronse sorprendidos en San Pedro e despídense das remotas posibilidades que tiñan de loitar pola cuarta praza

Partido entre Villalonga e Bergantiños en San Pedro
Partido entre Villalonga e Bergantiños en San Pedro / Diego Torrado

Se o Villalonga tiña algunha remota posibilidade de aspirar á cuarta posición, esta esfumouse tras perder este sábado en San Pedro ante o Bergantiños (0-1).

Os celestes caeron ante un aspirante ao play-off, que ascende agora precisamente ao cuarto posto, e quedan en terra de ninguén na táboa, novenos con 49 puntos, a 11 das posicións de honra.

Foi un partido disputado entre ambos e que se decidiu por pequenos detalles, como o tanto de Nacho para os visitantes cando só transcorreran 8 minutos de xogo.

Tentouno desde entón o Villalonga para lograr polo menos a igualada, pero non contou con acerto ante a meta rival.

Consulta aquí a acta do Villalonga-Bergantiños.