O Voleibol Pontevedra colle aire tras vencer o Narón

Pontevedra
07 de novembro 2018

Importante vitoria do equipo pontevedrés, segunda da tempada, que lle permite afastarse da parte baixa da clasificación da Primeira División Autonómica

Partido do Club Voleibol Pontevedra ante o Calasancias na liga regular da tempada 18/19
Partido do Club Voleibol Pontevedra ante o Calasancias na liga regular da tempada 18/19 / Diego Torrado

Importante vitoria a conseguida polo Club Voleibol Pontevedra no partido disputado a pasada fin de semana no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

As pontevedresas superaron o Narón Volea por tres sets a cero e conseguen distanciarse dos últimos postos da clasificación da Primeira División Galega.

Foi con todo un encontro competido, igualado en cada unha das mangas ata o punto 15, aínda que despois o CVP Alianza Española de Seguros levou o gato ao auga impoñéndose por un resultado final de 25-17, 25-22 e 25-23.

Trátase do segundo triunfo do curso, que coloca ao Voleibol Pontevedra no sétimo posto con 6 puntos, cun máis que o seu próximo rival, o Black Voley Vigo que visitará o CGTD o vindeiro sábado (16:45 horas).