Triunfo do Voleibol Pontevedra para escalar posicións na clasificación

Pontevedra
13 de novembro 2018

O conxunto pontevedrés venceu na casa ao Black Voley Vigo e ascenden á quinta posición na Primeira División Autonómica

Partido entre o Club Voleibol Pontevedra e o Calasancias
Partido entre o Club Voleibol Pontevedra e o Calasancias / Diego Torrado

Segunda vitoria consecutiva do Club Voleibol Pontevedra Alianza Española de Seguros na Primeira División Autonómica.

As pontevedresas aproveitaron a súa segunda cita consecutiva na casa para vencer o Black Voley Vigo por tres sets a cero e ascender ata a quinta posición da táboa con 9 puntos abrindo oco cos postos perigosos.

Ante o conxunto vigués o CVP gañou por un tenteo de 25-14, 25-17 e 25-23, cun xogo no que destacou a eficacia ofensiva e a orde no sistema defensivo.

A próxima xornada tocará encontro a domicilio ante o Xuvenil Teis, ao que avantaxa en 3 puntos. Unha oportunidade para prolongar o seu bo momento e achegarse definitivamente aos postos altos da categoría.