O Voleibol Pontevedra pon en marcha as escolas de volei praia

Pontevedra
19 de xullo 2020

Poderán participar nenos e nenas de idades comprendidas entre os 10 e 18 anos, e para apuntarse ou solicitar información, só terán que mandar un correo electrónico a [email protected]>

Adestramento do Voleibol Pontevedra na praia
Adestramento do Voleibol Pontevedra na praia / Club Voleibol Pontevedra

O Club Voleibol Pontevedra acaba de retomar a actividade despois do case cinco meses de parón pola pandemia.

Aínda que foi unha tempada diferente, o club decidiu seguir coa súa tradición doutros anos e poñer en marcha as escolas de voley praia durante os meses de xullo e agosto.

Este ano, como noutras ocasións, a praia de Banda do Río de Bueu e o Casino Mercantil de Mourente serán as sedes dos adestramentos, que seguirán os estritos protocolos fronte ao Covid-19 con grupos reducidos e a distancia de seguridade.

Os luns e mércores adestrarán no Mercantil, mentres que os martes e xoves será na praia de Bueu en horario de mañá.

Poderán participar nenos e nenas de idades comprendidas entre os 10 e 18 anos, e para apuntarse ou solicitar información, só terán que mandar un correo electrónico a [email protected].