Máis de sete meses despois Pontevedra volveu acoller a fin de semana un encontro oficial de voleibol nunha das súas principais ligas autonómicas.
Despois de reiniciar a actividade o pasado 19 de outubro na 1ª División Autonómica tanto feminina como masculina, o Club Voleibol Pontevedra púidose estrear como local na nova tempada cun choque sénior de categoría masculina.
Fíxoo, iso si, cumprindo cun estrito protocolo que incluía o uso de máscaras por parte de todos os xogadores.
O conxunto pontevedrés, que na primeira xornada vencera a domicilio ao Xiria Calvo (0-3), non puido nesta ocasión repetir triunfo e viuse superado con claridade por Xabaríns Volei Lugo por un tenteo de 9-25, 20-25 e 17-25 nas tres mangas disputadas.
O resultado pasaba case a un segundo plano, e é que para chegar ata a volta á competición o Voleibol Pontevera tivo que superar moitos meses de incerteza, como a maioría de clubs deportivos da cidade.
En canto ao equipo sénior feminino, non xogou esta fin de semana, mentres que na xornada disputada o pasado día 19 estreouse con derrota na pista do Xuvenil Teis.