O waterpolo chega aos colexios da cidade

Pontevedra
30 de setembro 2014

O Club Waterpolo Galaico protagoniza unha campaña de promoción do seu deporte nos centros escolares de Pontevedra

Charla do Waterpolo Galaico nun colexio da cidade
Charla do Waterpolo Galaico nun colexio da cidade / CW Galaico Pontevedra

O Club Waterpolo Galaico Pontevedra iniciou unha campaña de promoción do seu deporte nos centros escolares da cidade.

Técnicos do club, xunto a xogadores dos equipos absolutos masculino e feminino, acudiron xa aos colexios Álvarez Limeses e Xunqueira II para protagonizar unha charla acompañada dun vídeo con exemplos prácticos do waterpolo.

Con esta actividade a entidade lerezana busca dar a coñecer este deporte, polo que convida a todos os nenos a que o proben de balde na piscina durante unha semana.

Os próximos centros escolares en recibir estas charlas serán o Manuel Vidal Portela e Xunqueira I.