O Waterpolo Galaico inicia o play-off polo título galego

Pontevedra
09 de abril 2015

Os pontevedreses reciben este sábado (16:45 horas) no Centro Galego de Tecnificación Dpeortiva ao CW Santiago no primeiro partido da semifinal ligueira

Partido entre Waterpolo Galaico e Santiago no CGTD
Partido entre Waterpolo Galaico e Santiago no CGTD / Diego Torrado

Despois dunha tempada irregular, o Waterpolo Galaico afronta dende este sábado 11 de abril as semifinais polo título galego.

Faino co primeiro partido do play-off recibindo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (16:45 horas) ao CW Santiago, segundo clasificado da liga regular.

Os pontevedreses, campións das dúas últimas tempadas, loitarán por meterse na final e manter o seu título co factor cancha en contra.

A semifinal disputarase ao mellor de tres partidos, sendo o primeiro o único que terá lugar na cidade de Lérez.

Tras o choque dos sénior, o CGTD acollerá tamén o primeiro partido do play-off polo título en categoría infantil.