O Waterpolo Galaico, contra as cordas tras caer contra o Santiago no primeiro partido da semifinal polo título

Pontevedra
14 de abril 2015

Os pontevedreses cederon por un apertado 11-13 e quedan sen marxe de erro se queren defender o seu título de campión de liga

Primeiro partido da semifinal polo título autonómico entre CW Galaico e CW Santiago
Primeiro partido da semifinal polo título autonómico entre CW Galaico e CW Santiago / CW Galaico Pontevedra

Negativa xornada para o Waterpolo Galaico Pontevedra no inicio do play-off polo título da Liga Galega.

Os pontevedreses perderon na casa un apertado encontro ante o Santiago (11-13) e quedan sen marxe de erro na defensa do campionato.

O Galaico arrancou mal o partido, cun parcial en contra de 1-4, pero foi quen de repoñerse para empatar xa ao final do primeiro cuarto e chegar con vantaxe ao descanso (8-6).

Non obstante un mal terceiro cuarto decidiu o choque. As perdas en ataque e o escaso acerto en defensa fixo que o equipo compostelán dese a volta ao resultado (9-12).

Malia o esforzo final, os pupilos de Javi de Sáa non lograron repoñerse perdendo o primeiro enfrontamento dunha eliminatoria ao mellor de tres partidos.

O Galaico debe agora gañar en Satiago o próximo día 18 se quere forzar o terceiro choque da serie, que tamén disputaría a domicilio.

CW GALAICO PONTEVEDRA (11): Raúl, Rober, Aarón (1), Rubén, Kike, Miguel (1), Ángel (1), Andrés (2), Juanjo (2), Pablo (2), Artai, Juan (1), Manu (1).

CW SANTIAGO (13): Viaño, Fernández, Turnes (1), Pérez, Ferrer, Piñeiro (9), Raposo, Caamaño, Suárez (2), Carro, Campaña (1), Sampaño, Montoiro.

Parciais: 4-4, 4-2, 1-6, 2-1.

Incidencias: Partido disputado na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.