O Waterpolo Galaico gaña en Santiago e forza o terceiro partido na semifinal polo título

Pontevedra
28 de abril 2015

Os pontevedreses venceron nos penaltis e esperan agora a confirmación por parte da Federación Galega da data para a celebración do terceiro partido da serie

Partido entre Waterpolo Galaico e Santiago no CGTD
Partido entre Waterpolo Galaico e Santiago no CGTD / Diego Torrado

Con moito sufrimento pero o Waterpolo Galaico mantén intactas as opcións de manter o título de campión da Liga Galega tras impoñerse no segundo partido da semifinal.

Os pontevedreses chegaban a Santiago sen marxe de erro tras a derrota na casa no primeiro partido da serie, e acabaron gañando ao CW Santiago nos penaltis para forzar o desempate.

Non pintaban ben as cousas para os de Javi de Sáa, que se presentaron na piscina compostelá de Santa Isabel con catro xogadores cadetes e un infantil a causa das baixas, pero sacaron a súa mellor versión dende o primeiro minuto.

O choque comezou tremendamente igualado no primeiro cuarto, igualdade que malia unha vantaxe momentánea dos locais se mantería ao descanso (6-6).

Na reanudación o Galaico puxo unha marcha máis para poñer o 7-10 ao seu favor, pero primeiro nun gol a falta de dous segundos para o final do terceiro cuarto e despois, repetíndose a historia cando só restaban cinco segundos para o final, permitiron empatar ao Santiago para forzar a quenda de penaltis.

Nese momento apareceu a figura do porteiro pontevedrés, Raúl Viceiro, detendo dous lanzamentos que deron un merecido triunfo ao Galaico.

A Federación Galega de Natación deberá confirmar agora a data para o terceiro partido da semifinal, que podería xogarse o próximo 9 de maio tamén en Santiago de Compostela.

CW SANTIAGO (12): Viaño, Fernández, Turnes, Mayer, Ferrer (3), Piñeiro (3), Raposo, Caamaño (2), Suárez (3), Carro, Sampaño, Campaña (1), Raposo.

CW GALAICO PONTEVEDRA (12): Raúl, Rober (3), Aarón (1), Rubén (2), Luis, Miguel, Artai, Andrés (3), Juanjo (2), Iago, Bran (1), Pablo, Manu.

Parciais: 2-2, 4-4, 2-4, 4-2 (penaltis: 1-4).