O Waterpolo Galaico supera por primeira vez a cifra de 100 deportistas

Pontevedra
16 de outubro 2014

ÿ a primeira vez nos seus 16 anos de historia que supera esta barreira. O club lerezano conta con sete equipos nas diferentes categorías

Adestramento do Waterpolo Galaico en Ponte Muíños
Adestramento do Waterpolo Galaico en Ponte Muíños / CW Galaico Pontevedra

En setembro de 1998 arrancou con ilusión un proxecto de waterpolo na cidade. Contaba con 15 xogadores e un só equipo, masculino e en idade sénior.

Agora, 16 anos despois o Club Waterpolo Galaico logrou superar por primeira vez a barreira dos 100 deportistas coas últimas incorporacións rexistradas esta mesma tempada.

En total o club lerezano conta este curso con sete equipos nas diferentes categorías galegas: dous equipos alevíns, un infantil, un cadete, absoluto feminino, absoluto mixto de 2ª División e o absoluto masculino de 1ª División.

O obxectivo, agora cumprido, formulárano como meta ambiciosa os responsables do club nos últimos anos.