Segunda derrota do curso para o Waterpolo Galaico na súa visita a Santiago (12-10)

Pontevedra
28 de outubro 2014

Os pontevedreses non estrearon a súa cuadrícula de vitorias en liga despois de dúas xornadas disputadas

Javi de Sáa durante a Supercopa Galega de Waterpolo
Javi de Sáa durante a Supercopa Galega de Waterpolo / Diego Torrado

Estalle a custar ao Waterpolo Galaico o arranque de tempada na Primeira División Galega.

O conxunto pontevedrés, tras caer na casa na primeira xornada ante o CN Coruña, repetiu derrota no seu segundo partido, esta vez na súa visita á piscina compostelá de Santa Isabel (12-10).

A escasa efectividade en ataque condenou aos de Javi de Sáa ante o CW Santiago, que decidiu o encontro no segundo cuarto cun parcial de 6-3 tras un primeiro período de igualdade.

A renda chegou a ser de cinco goles, pero o equipo lerezano logrou maquillar o marcador no tramo final.

CW SANTIAGO (12): Viaño, Fernández, Turnes, Mayer (2), Ferrer, Piñeiro (4), Raposo, Caamaño (2), Suárez (1), Carro (1), Montoiro, Campaña (1) e Raposo.

CW GALAICO PONTEVEDRA (10): Raúl, Rober (4), Aarón, Pablo (1), Kike, Miguel, Ángel (1), Andrés (1), Juanjo, Guille (1), Bran (2), Juan e Manu.

Parciais: 2-2, 6-3, 3-3, 1-2.