Todas as estatísticas da División de Honra de waterpolo, en mans do técnico do Galaico Kike García

Pontevedra
05 de novembro 2014

O adestrador do club pontevedrés inicia un proxecto de análise de partidos de waterpolo de División de Honra co apoio da Federación Española

Kike García, adestrador do Waterpolo Galaico
Kike García, adestrador do Waterpolo Galaico

Kike García, adestrador das categorías inferiores do Club Waterpolo Galaico Pontevedra, chegou a un acordo coa Real Federación Española de Natación para impulsar un proxecto de soporte estatístico no waterpolo español.

O técnico analizará o xogo e as estatísticas dos partidos de División de Honra Masculina e Feminina e despois ofrecerá eses datos aos clubs.

O obxectivo é poñer a disposición dos adestradores datos e elementos do xogo difíciles de controlar en directo e axudalos así a afondar nos aspectos tácticos e técnicos dos xogadores.

Trátase dun avance importante a nivel estatal, posto que a obtención de estatísticas é complicada cos actuais medios, que se prolongará dende o mes de novembro ata o último partido do play-off polo título.