O Waterpolo Pontevedra chega vivo ao descanso, pero desínflase no último cuarto (13-8)

Pontevedra
14 de outubro 2023

O conxunto pontevedrés logrou remontar unha parcial inicial de dous goles en contra pero desinflouse nos últimos minutos para terminar cedendo por un avultado 13-8 ante o Santa Eulalia

Partido Primeira Nacional entre Waterpolo Pontevedra e CW Dos Hermanas
Partido Primeira Nacional entre Waterpolo Pontevedra e CW Dos Hermanas / Cristina Saiz

O Waterpolo Pontevedra foi incapaz de superar ao Santa Eulalia na segunda xornada de Primeira Nacional Feminina.

O conxunto pontevedrés logrou remontar unha parcial inicial de dous goles en contra pero desinflouse nos últimos minutos para terminar cedendo por un avultado 13-8.

Foi o equipo local o que comezou mandando no marcador, enchufando un primeiro parcial de 3-1 co que concluíu o primeiro cuarto. Xa no segundo, as de Pontevedra puxéronse ao choio, corrixiron as imprecisións e voltearon o resultado antes de alcanzar o descanso (4-5).

Con todo, despois do paso polos vestiarios as cousas complicáronse para o conxunto visitante, que empezou a sufrir en tarefas defensivas practicamente cada chegada do Santa Eulalia, que aproveitou a falta de rotación e o cansazo acumulado do Waterpolo Pontevedra para afastarse no marcador e asinar un 13-8 final.

Consulta as estatísticas do partido nesta ligazón