O Club Waterpolo Pontevedra caeu de forma contundente ante o CD Waterpolo Iruña 9802, un dos claros favoritos da categoría e aspirante ao ascenso a División de Honra.
A superioridade do conxunto pamplonica quedou patente desde o inicio de encontro, anotando un parcial de 4-1 que Irene Esteban, de penalti, reduciu ao final do primeiro cuarto.
Tentouse agarrar ao partido o Waterpolo Pontevedra, pero o ataque estaba a ser pouco fluído e, ademais, estaba a resultar imposible deter cada chegada a portería do Iruña, que ampliaba a súa vantaxe e deixaba practicamente sentenciado o encontro ao descanso (9-3).
Despois do paso polos vestiarios, o cadro pontevedrés inentó manter o pulso ao rival, pero a diferenza xa era abismal e as opcións de remontada eran unha utopía.
Cun 13-6 alcanzáronse os minutos finais. As visitantes tentaron dar coa fórmula para deixar de sufrir en defensa, pero o ataque de Iruña seguiu sendo imparable e terminaron cedendo por un contundente 16-7.
Consulta as estatísticas nesta ligazón