O xadrez toma a Praza de España

Pontevedra
23 de maio 2017

Dobre cita a organizada pola Escola Xadrez Pontevedra para promocionar o seu deporte na cidade. O venres 26 de maio a Praza de España acollerá o Xadrez na Rúa, destinado a escolares, e o sábado a oitava edición do Pontexadrez

Presentación do Xadrez na Rúa 2017 e o VIII Pontexadrez PontevedraViva

Dobre cita a organizada pola Escola Xadrez Pontevedra para promocionar o seu deporte na cidade en plena Praza de España.

Alí instalarase unha carpa para acoller, en dous días consecutivos, unha nova edición do Xadrez na Rúa e do torneo Pontexadrez, que chega á súa oitava edición.

O primeiro destes eventos, destinados aos centros escolares, celebrarase o vindeiro venres 26, de 11:00 a 13:15 horas, con partidas simultáneas entre alumnos do CEP Campolongo, CEIP Vidal Portela, CEIP Xunqueira II e Colexio San Xosé.

Ese mesmo día, en horario de tarde, a Escola Xadrez Pontevedra manterá a actividade na carpa con obradoiros de xadrez impartidos polos mestres da escola.

Pola súa banda o sábado 27 de maio terá lugar o Pontexadrez, torneo ao aire libre que está incluído dentro do Circuíto Galego Escolar e que contará coa presenza de xogadores chegados desde diferentes puntos de Galicia e Portugal, desenvolvéndose desde as 11:00 horas.

Entre ambas as citas a Escola Xadrez Pontevedra espera congregar a preto de medio milleiro de xogadores.