Seguindo os xadrecísticos pasos de Bobby Fischer

Pontevedra
26 de maio 2018

Durante este venres e sábado, a praza de España acolle a celebración de Xadrez na Rúa e Pontexadrez, dúas actividades promovidas pola Escola Xadrez Pontevedra coa intención de fomentar este deporte

Xadrez na Rúa
Xadrez na Rúa / Paula Sanmartín

Robert James  Fischer, coñecido como  Bobby Fischer, foi un neno norteamericano que se converteu en referencia para o mundo do xadrez durante a época da Guerra Fría e logrou alcanzar o título mundial. A súa personalidade e os seus duelos con xogadores da antiga Unión Soviética fixeron que este deporte se popularizara. En Pontevedra son centos os nenos que se apuntan ao enfrontamento entre pezas durante estes días. Se cadra, entre eles atópase unha futura estrela mundial.

Este venres, a carpa situada na Praza de España acollía  Xadrez na rúa mentres que este sábado 26 celebrábase no mesmo espazo Pontexadrez, unha competición que conta con grandes xogadores de Galicia e de Portugal. Unha vez máis, a solidariedade está presente con doazón de alimentos ao campamento de refuxiados sirios en Xordania. 

Estes eventos organizados pola Escola Xadrez Pontevedra coa colaboración do  Concello convertéronse nunha cita fundamental no calendario para os afeccionados a este deporte. Os resultados da competición pódense consultar nesta ligazón da Federación  Galega de  Xadrez.