O XVII Cidade de Pontevedra de baloncesto queda na casa

Pontevedra
23 de decembro 2023

O Club Baloncesto Arxil celebrou no Pavillón Universitario o seu xa tradicional torneo Cidade de Pontevedra, que este ano chegou á súa 27 edición e deixou como campión ao club anfitrión

Equipos infantís no XVII Torneo Cidade de Pontevedra
Equipos infantís no XVII Torneo Cidade de Pontevedra

O Club Baloncesto Arxil celebrou no Pavillón Universitario o seu xa tradicional torneo Cidade de Pontevedra, que este ano chegou á súa 27 edición e deixou como campión ao club anfitrión.

O invitado nesta ocasión foi o Club Xuventude de Cambados, que trouxo á Boa Vila aos seus equipos de minibasket, infantís, júnior e cadete para celebrar unha emocionante competición coa que pechar o ano 2023.

O torneo comezou o xoves ás 17:00 horas co encontro de minibasket, que se saldou con triunfo para o equipo local por 57-6. Despois, ás 18:30 horas, saltaron á pista os equipos infantís, disputando un vibrante duelo que levou o Arxil pola mínima (49-48).

Xa o venres tiveron lugar os partidos entre juniors e cadetes con senllas vitorias para o club verde. As júnior gañaron por 61-37 e as cadetes por 82-37.