Segundo partido do ano para o Club Baloncesto Arxil e derrota en terras leonesas, onde caeron por un axustado 86-79 tras un duelo intenso e de máxima igualdade.
O conxunto pontevedrés comezou moi sólido en ataque e defensa, metendo a directa para facerse co primeiro cuarto por 14-26. Con todo, o León foise entoando aos poucos, corrixiu erros e deu unha arrancada ofensiva para recortar distancias antes do descanso (37-45).
E así, comandadas por Capelán (35 puntos), as locais convertéronse nun pesadelo para as de Mayte Méndez, incapaces de deter o acerto dun rival que volteaba o resultado e chegaba á recta final cos ánimos polas nubes (69-63).
Con todo por decidir alcanzáronse os últimos 10 minutos de xogo, nos que o Arxil buscou a reacción mantendo o pulso do León pero o balón non estaba polo labor de entrar e caeron finalmente por 86-79.
Consulta a acta nesta ligazón