Un mal segundo cuarto impide o Arxil asaltar o segundo posto (73-47)

Pontevedra
20 de xaneiro 2024

Miralvalle e Arxil xogábanse este sábado a segunda praza da liga Feminina 2, pero un mal inicio e un desastroso segundo cuarto condenou por completo ao conxunto pontevedrés  

Partido entre CB Arxil e Maristas Coruña no CTGD
Partido entre CB Arxil e Maristas Coruña no CTGD /

Miralvalle e Arxil xogábanse este sábado a segunda praza da liga Feminina 2, pero un mal inicio e un desastroso segundo cuarto condenou por completo ao conxunto pontevedrés.

As de Mayte Méndez non arrincaron ben o enfrontamento en Plasencia e atopáronse cun parcial de 20-13 ao finalizar o primeiro cuarto.

Había marxe de mellora, pero as opcións de remontada desapareceron no segundo. Shaw converteuse na dona dos rebotes xunto a Horford e, entre as dúas, convertéronse nun pesadelo para un Arxil incapaz de deter a hemorraxia (42-19).

Despois do paso polos vestiarios, as verdes tentaron equilibrar o encontro, pero o Miralvalle non estaba polo labor de baixar os brazos. As verdes lograron gañar o terceiro cuarto (10-17), pero no cuarto e decisivo nada puideron facer e finalmente caeron por un avultado 73-47.

Consulta as estatísticas nesta ligazón