Suma e segue o Club Baloncesto Arxil no seu obxectivo de manterse nos postos de play-off de Liga Feminina 2 despois de superar por un avultado 78-45 o Barna.
O equipo pontevedrés dominou o encontro desde o inicio para lograr un colchón de dez puntos ao finalizar o primeiro cuarto (25-10).
O segundo foi coser e cantar ao traballo coral de todo o conxunto no rebote e de fronte ao aro, deixando o enfrontamento practicamente sentenciado ao descanso (53-28).
Os deberes xa estaban feitos e só quedaba non perderlle a cara ao partido para seguir sumando. Mayte Méndez deu minutos ás menos habituais e as xogadoras do Barna buscaron reducir a diferenza, pero non estiveron acertadas.
A máis destacada do equipo arxilista foi Nerea Liste con 11 puntos e 15 rebotes, logrando unha valoración de 32 puntos.
Consulta a acta nesta ligazón