Duro golpe o recibido polo Club Baloncesto Arxil na matinal deste domingo ante o Ponce Valladolid. O encontro estivo marcado pola igualdade desde os compases iniciais, pero na recta final o cadro local apertou para levar a vitoria final por 74-65.
Con cinco puntos consecutivos de Cristina Niño nada máis comezar o duelo púxose por diante o equipo valisoletano, que ademais estaba moi atento en tarefas defensivas para impedir que as pontevedresas se mostrasen cómodas en ataque, o que obrigaba a Mayte Méndez a pedir tempo morto, apertar ás súas e empatar ao finalizar o primeiro cuarto (21-21).
Pero todo cambiou no segundo. Aínda que o Arxil colleu a súa primeira vantaxe (21-23), o ataque liderado por Yohanna Morton foi implacable e logrou a súa máxima renda para irse ao vestiario con seis puntos de diferenza (32-22).
Despois descanso, o equipo pontevedrés, grazas ao acerto desde o tiro libre retomou a súa vantaxe, que se mantivo no último cuarto aínda que nunca por encima dos cinco puntos. O Ponce apertou os dentes na recta final para aos poucos ir remontando e xa á desesperada, nos instantes finais, tentou o Arxil darlle a volta, pero o cadro valisoletano mantívose firme para facer coa vitoria (74-65).
Consulta a acta nesta ligazón