Obxectivo Mundial para Lúa Piñeiro

Umia
07 de maio 2015

A deportista caldense encóntrase concentrada co equipo nacional no CAR de Barcelona para preparar o Campionato do Mundo que se disputa a próxima semana en Rusia e que reparte importantes puntos para o ranking olímpico

Lúa Piñeiro (fila inferior, terceira pola esquerda) co equipo nacional no CAR de Barcelona
Lúa Piñeiro (fila inferior, terceira pola esquerda) co equipo nacional no CAR de Barcelona

Chega unha das citas máis importantes do ano para Lúa Piñeiro no seu obxectivo de lograr a clasificación para os Xogos Olímpicos de Río 2016.

A taekwondista caldense encóntrase concentrada co equipo nacional no CAR de Barcelona preparando o Campionato do Mundo de Chelyabinsk, Rusia, que arranca o próximo martes 12 de maio.

Lúa buscará en Rusia puntos que lle axuden a mellorar o seu ranking olímpico nunha cita que só para os tres primeiros de cada categoría reparte 120, 72 e 43,2 puntos respectivamente.

Xunto co resto da Selección Española a deportista do Natural Sport permanecerá en Barcelona ata o sábado 9, momento no que partirán cara á localidade rusa.

Ademais de Lúas Piñeiro en -67 quilos, o equipo nacional está composto por: Jesús Tortosa (-54), Álex Falgas (-58), Joel González (-63), José Antonio Rosillo (-68), Raúl Martínez (-74), Daniel Quesada (-80), Daniel Ros (-87), Adrián Cabo (+87), Elaia Torrontegui (-46), Brigitte Yagüe (-49), Tania García (-53), Eva Calvo (-57), Marta Calvo (-62), Mariona Leyes (-73) y Rosanna Simón (+73).