Once xogadores do Galaico, convocados a unhas xornadas de tecnificación co coordinador nacional de waterpolo

Pontevedra
22 de xaneiro 2015

As xornadas celebraranse a próxima fin de semana no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra

Antonio Aparicio, coordinador nacional de Waterpolo, nunha visita a Pontevedra CW Galaico Pontevedra

O Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra será escenario a próxima fin de semana dunhas xornadas de waterpolo enmarcadas dentro do Plan Nacional de Tecnificación (PNTD).

A cita estará dirixida polo coordinador nacional deste deporte, Antonio Aparicio, iniciándose cunha charla dirixida a adestradores e persoas interesadas baixo o título 'Reciclaxe de Adestradores de Watepolo'. Será o sábado 24 de xaneiro de 12:15 a 14:00 horas no CGTD.

Pola súa banda o domingo 25 de xaneiro, na piscina do centro, Aparicio dirixirá unha sesión de adestramento para xogadores en idade cadete.

Nesa sesión estará presente 11 xogadores do Waterpolo Galaico, incluídos na convocatoria da Federación Galega de Natación: Pablo Sueiro, Pablo Teijeira, Pedro Fentantes, Jacobo Baltasar, Iago Facal, Luis Mosquera, Juanjo Roca, Aarón Tellería, Germán Amoedo, Rubén Rodríguez e Artai Poses.