Opcións de medalla para os atletas da Gimnástica no Campionato de España Júnior

Pontevedra
03 de xullo 2015

Sete deportistas do club pontevedrés participan no Nacional Júnior que se celebra esta fin de semana en Valladolid

Alfonso Pérez co seu adestrador, Pablo Díaz, tras colgarse o ouro no Nacional Xuvenil
Alfonso Pérez co seu adestrador, Pablo Díaz, tras colgarse o ouro no Nacional Xuvenil / Sociedad Gimnástica

Sete atletas da Sociedad Gimnástica de Pontevedra acoden este fin de semana ao Campionato de España Júnior de Atletismo que se celebra en Valladolid.

Fano ademais con serias opcións de medalla nalgunhas probas co obxectivo de repetir a xesta de 2009, cando igualaron a cifra de sete deportistas e se conseguiron tres medallas.

Darío Costas, que acredita 6.367 puntos no décathlon, parte coa segunda mellor marca dos participantes entre os candidatos a medalla.

Tamén ten posibilidades de podio Manuel Castellanos en xavelina, ao igual que Sergio Paredes en martelo, disciplina na que parte coa segunda mellor marca (61,46 metros).

Ademais Ricardo Gayá aspira a meterse entre os oito mellores do triplo salto, mentres Jon Alonso pelexará por chegar á final dos 100 metros, Jorge Puig nos 1.500 metros e Alfonso Pérez nos 400 metros.