Tres medallas, unha delas de ouro, para a Gimnástica no Nacional júnior de Valladolid

Pontevedra
06 de xullo 2015

Os atletas da Sociedad Gimnástica volveron brillar nun campionato nacional. Tres deles lograron subir ao podio no Campionato de España júnior que se disputou esta fin de semana en Valladolid

Darío Costas, xunto o seu adestrador Santi Ferrer en Valladolid
Darío Costas, xunto o seu adestrador Santi Ferrer en Valladolid / Sociedad Gimnástica de Pontevedra

Os atletas da Sociedad Gimnástica volveron brillar nun campionato nacional. Tres deles lograron subir ao podio no Campionato de España júnior que se disputou esta fin de semana en Valladolid.

Darío Costa foi o que logrou o mellor resultado. Colgou ao ouro na proba de décathlon. Foi unha vitoria moi axustada, xa que só tres puntos lle separaron do segundo clasificado.

O pupilo de Santi Ferrer, con 10.91 na primeira proba da combinada, os 100 metros, colleu o primeiro posto da competición, lugar que non abandonaría ata o final da novena proba, o lanzamento de xavelina, disciplina na que cedía 27 puntos na clasificación provisional ao atleta do Deportivo Eibar, Tomás Vouilloz.

Foron decisivos os 1.500 metros, nos que Darío Costa necesitaba distanciar nuns cinco segundos ao seu rival. E conseguiu avantaxalo en liña de meta en 4,84 segundos, que lle deron unha marxe de 30 puntos nesta última proba do décathlon e a vitoria con 6.545 puntos, un novo record de Galicia na categoría.

A esta medalla de ouro, o club pontevedrés sumou a prata de Sergio Paredes en lanzamento de martelo grazas a un lanzamento de 60.34 metros e o bronce de Manuel Castellanos en xavelina que, tras lograr marca persoal, con 64.20 metros no seu segundo intento.

Ademais, Jorge Puig foi cuarto na final dos 1.500 metros, quedando a tan só quince centésimas do bronce. Pola súa banda, Ricardo Gaya lesionouse no quentamento do triplo salto e non puido competir en plena forma e Jon Alonso e Alfonso Pérez non lograron superar as cribas das eliminatorias nas súas respectivas probas.