Orellano non viaxa a Melilla cun Peixe Galego que busca o seu segundo triunfo da tempada

Marín
07 de novembro 2019

O conxunto marinense, reforzado tras conseguir a súa primeira vitoria da tempada na Liga LEB Ouro, visita este venres a cancha do Club Melilla Baloncesto (20:15 horas)

Javi Llorente, no partido de LEB Ouro entre Peixe Galego e Basquet Coruña na Raña Diego Torrado

Coa moral polas nubes tras conseguir a súa primeira vitoria da tempada, o Marín Peixe Galego afronta este venres (20:15 horas) unha nova xornada da liga LEB Ouro visitando a cancha do Club Melilla Baloncesto.

Os de Javi Llorente queren prolongar a súa serie positiva o máximo posible, aínda que viaxan cun equipo mermado pola baixa de Juanchi Orellano, que queda en Marín para recuperarse dos problemas que arrastra nun nocello e que se suma á ausencia de Álex Mazaira, aínda en proceso de recuperación da súa operación abdominal.

"En esta liga todos los partidos son muy difíciles y fuera de casa mucho más, encima en una pista como Melilla que es un equipo llamado a estar arriba", sinala Llorente, para quen a serie negativa coa que chega á cita o seu rival (dúas derrotas seguidas ante Gipuzkoa e Huesca "les va a hacer más peligrosos todavía".

O técnico cre que será clave manter o nivel defensivo das últimas xornadas "no cometer errores y evitar altibajos".

A pesar dese teórico potencial do Melilla, o conxunto da cidade autónoma chega á cita situado no posto 12 da clasificación con 3 vitorias e 4 derrotas, polo balance 1-6 do Peixe. Cara a cara estarán dous dos equipos aos que máis lles custa encestar na liga e que tamén contan coas peores porcentaxes desde a liña de persoal, un apartado onde unha melloría pode supoñer a diferenza.