A nova bancada de animación dos afeccionados do Pontevedra C.F. na que se integran as peñas granates denomínase NORTE 1941 e este domingo, previo ao partido entre o conxunto de Luisito e o Racing Club, organizaron unha comida de confraternidade á que convidaron os seguidores santanderinos.
Desde as 13.00 horas, unha carpa acollía aos afeccionados que degustaron churrasco, criollo e cachelos por un prezo de 7 euros.
Esta iniciativa das peñas busca que aumente a afección polo club pontevedrés mantendo a independencia de cada colectivo pero organizando actos conxuntos baixo a denominación de NORTE 1941.