Os alevíns do CW Pontevedra son campións galegos

Pontevedra
27 de xaneiro 2020

O campionato galego desta categoría celebrado na piscinta do CGTD a pasada fin de semana decidiuse en favor do equipo organizador, que venceu na final ao CW Santiago

O equipo alevín do CW Pontevedra é campión galego CW Pontevedra

Os alevíns do CW Pontevedra proclamáronse campións de Galicia esta fin de semana no campionato celebrado na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva. As novas promesas impuxéronse ao CW Santiago nunha final cargada de emoción que se decidiu a favor dos organizadores por un axustado 4-3.

O conxunto pontevedrés participou no campionato galego con dous equipos con sortes opostas. O equipo campión conseguiu gañar todos os seus partidos, mentres que o B, integrado por xogadores de categoría benjxamín e os alevíns máis inexpertos, tívose que conformar coa experiencia de participar nun evento desta magnitude.

Unha festa do waterpolo de base que reuniu na piscina pontevedresa a máis dun centenar de entusiasmados deportistas. O podio quedou composto polo CW Pontevedra, o CW Santiago e o CW Cambre. Ao finalizar a xornada tivo lugar o acto de entrega de medallas, houbo para todos os participantes, coa presenza do Concelleiro de Deportes, Tino Fernández; e o presidente da Federación Galega de Natación, Carlos Touriño.

A actividade na piscina non cesa porque a próxima fin de semana será a quenda dos cadetes, infantís e benxamíns.