Posta de longo da canteira do waterpolo galego en Pontevedra

Pontevedra
29 de xaneiro 2020

A piscina do CGTD acolle esta fin de semana o torneo rexional de categoría benjamín mixto, mentres que o infantil feminino e cadete mixto celebrarase o 15 de febreiro.

Presentación dos campionatos galegos de waterpolo
Presentación dos campionatos galegos de waterpolo / CW Pontevedra

As piscinas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra e as da Escola Naval de Marín serán escenario ao longo do mes de febreiro dunha nova batería de campionatos galegos de waterpolo de inverno que organiza o CW Pontevedra.

O primeiro evento está previsto para esta fin de semana coa celebración do campionato cadete mixto. Mentres que a quenda do benxamín mixto e infantil feminino, previstos para o mes de xaneiro pero aprazados pola falta de dispoñibilidade das instalacións, terán lugar a fin de semana do 15 de febreiro.

No torneo desta fin de semana participarán cinco equipos: CWC Rías Altas, CW Santiago, Asociación Coruñesa, RCN de Vigo e CW Pontevedra. 

Os campionatos foron presentados este mércores no CGTD nun acto no que estiveron presentes o presidente do CW Pontevedra, José Tellería, o director do CGTD, Jesús López; o concelleiro de Deportes, Tino Fernández; e o deputado provincial, Gregorio Agís.