Os atletas da Gimnástica retoman os adestramentos en grupo

Pontevedra
26 de maio 2020

A pista do CGTD está pechada para aqueles deportistas que non sexan de alto rendemento, polo que os adestramentos realízanse en recintos abertos ao aire libre na contorna do río Lérez

Primeiros adestramendo da Gimnástica da Fase 2 da desescalada polo coronavirus
Primeiros adestramendo da Gimnástica da Fase 2 da desescalada polo coronavirus / Sociedad Gimnástica

A entrada de Pontevedra na Fase 2 da desescalada da pandemia do coronavirus deseñada polo Goberno permite desde o 25 de maio os adestramentos en grupo ata un máximo de 15 persoas sempre que se respecte a distancia de seguridade. Un fito que permite aos atletas da Sociedade Ximnástica volver verse as caras despois de máis de dous meses de adestramento en solitario.

Durante a época de confinamento, os adestradores foron enviando rutinas e exercicios aos seus pupilos, pero as dinámicas ían enfocadas máis ao mantemento, para que a volta á normalidade non fose máis dura, que ao alto rendemento e competición.

Co regreso ás pistas, os técnicos puideron constatar que os seus atletas cumpriron cos exercicios marcados. Aínda así, a planificación das sesións seguirán estando lonxe da alta competición e serán máis similares aos plans de pretemporada. 

Con todo, o tartán do Centro Galego de Tecnificación Deportiva permanece pechado a aqueles atletas que non teñan a cualificación de Deportista de Alto Rendemento, por iso os grupos tiveron que desprazarse a un recinto amplo ao aire libre na contorna do río Lérez para completar os seus primeiros adestramentos.