Os atletas da Sociedad Gimnástica brillan na dobre Milla do Albariño, na que se impón Víctor Riobó

Pontevedra
08 de agosto 2015

Dúas vitorias e un terceiro posto, foi o magnífico resultado dos atletas pontevedreses, nunha das citas obrigadas do verán galego. Os gañadores absolutos foron Esther Navarrete, en féminas e Víctor Riobó, en homes

Robertas Geralavicius durante a milla do Albariño en Cambados
Robertas Geralavicius durante a milla do Albariño en Cambados / Sociedad Gimnástica de Pontevedra

A XXI edición da milla e dobre milla do Albariño de Cambados volveu contar con atletas da Sociedad Gimnástica no podio dos mellores. A pesar do forte vento reinante, os atletas brindaron un bonito espectáculo.

Nas primeiras carreiras cos máis pequenos, Carolina Santos impúxose na carreira sub12 feminina. Antes das carreiras sénior, Fernando Rial fixo o propio na Sub18 masculina.

Varios atletas da Gimnástica estiveron na cabeza na dobre milla masculina. Robertas Geralavicius escapouse do grupo xunto con outros tres atletas e estivo en posicións de podio ata os metros finais, nos que o seu compañeiro de equipo, Jorge Puig, nunha grande remontada, adiantouno para conseguir o terceiro posto, quedando Rober en cuarto lugar.

Os gañadores absolutos da dobre milla foron Esther Navarrete, en féminas e Víctor Riobó, en homes.

Dúas vitorias e un terceiro posto, foi o magnífico resultado dos atletas pontevedreses, nunha das citas obrigadas do verán galego.