Os números avalan o bo inicio ligueiro do Teucro

Pontevedra
30 de outubro 2014

Os azuis son o segundo equipo máis goleador do campionato e o que menos tantos recibe. Varios xogadores destacan na clasificación de realizadores

Partido de Copa do Rei entre Teucro e Ángel Ximénez
Partido de Copa do Rei entre Teucro e Ángel Ximénez / Diego Torrado

Máis alá dos seis triunfos nas seis primeiras joranadas que o levaron a liderar en solitario a División de Honra Prata, os números e estatísticas avalan o bo inicio de curso da Sociedad Deportiva Teucro.

O conxunto pontevedrés é o segundo equipo máis goleador tras o GO Fit Sinfín, cunha media de 32,5 goles por partido, sen ter un xogador que destaque especialmente neste apartado.

Non obstante son catro os compoñentes do equipo azul situados entre os 20 máximos realizadores: Dani Hernández, décimo con 34 goles, e Pichel, Carlos García e Edu Moledo con 29 tantos.

Por outra banda a defensa tamén reflicte o bo estado dos lerezanos, equipo menos goleado xunto ao Atlético Valladolid con 156 goles encaixados, 26 por partido.

Tras o parón desta fin de semana, o Teucro volverá á competición o sábado 8 de novembro en Barakaldo (19:00 horas no pavillón de Lasesarre).